INICIO | DIRECTIVA | IMAXES | TEATRO | ACTIVIDADES | TABOLEIRO DE ANUNCIOS| O TEMPO EN NARÓN | CONTACTO

Fundada en octubre do ano 1979 a partires do antigo Teleclube de Pedroso, no ano 2009 celebramos 30 años de existencia como tal Sociedade Cultural. O actual local social foi construido con aportacions tanto económicas como de man de obra de moitos dos veciños, a quenes cando se puido se lles reintegró o que habían aportado.

Nosas principais actividades de grupo son:

Dende o comezo existe un grupo estable de teatro. As obras que representa están escritas por Betty Couce, que ao mesmo tempo tamén actúa. Nos anos 2009 e 2010 conseguiuse o Premio do Público no ciclo de teatro "Domingos a escena" coas obras "Nin Dios entende aos homes" e "Ao son dos novos" que foron premiadas en metálico e cunha actuación no Teatro Jofre de Ferrol. Actualmente o grupo representa as obras "Ao son dos novos" e "Rosenda, unha criada indecente".

A Coral polifónica, fundada no 1990 e formada actualmente por 22 personas ten repertorios de canción popular galega, canción clásica, habaneras, panxoliñas, música sacra etc. O seu director é D. Francísco San Ramón Calvo e ten realizado actuacions en Portugal (Santo André de Vagos y Columba) Asturias (Lieres, Soto del Barco) e nas catro provincias galegas (Antas de Ulla, San Xoan de Serres –Muro, Serra de Outes, Torneiros, Baiona, Bueu, Porriño, A Merca , Miño, Cedeira, Pontedeume, Sillobre, Narahio, Maniños, etc ..

Una pequeña Escola de música non reglada que soe facer os pasarruas nas festa do patrón “San Salvador” e “Virxen da O”, así como en Semana Santa acompañando á procesión, así como concertos nos diferentes centros residencias xeriatricas de ferrolterra.

Obradoiro de teatro infantil coa asistencia dun monitor do Padroado de Cultura do Concello, enmarcado dentro das actividades organizadas polo mesmo.

Obradoiro de Manualidades con asistencia maioritaria de mulleres xoves e non tan xóvenes y Obradoiro de Manualidades para nenos.

Grupos de ximnasia e ioga para maiores na tempada de inverno coa colaboración do Concello.

Dispoñemos dunha aula de informática de 10 postos con conexión a internet e red Wi-Fi para uso e disfrute de todolos socios grazas a colaboración da Concelleria de Novas Tecnoloxias do Concello de Narón.

Seguimos con as clases de alfabetización informática para adultos, con dous grupos de 10 persoas cada un, con un rotundo éxito entre os seus asistentes.

E tamén grazas á colaboración do Concello puidemos renovar os aparellos do parque infantil que tanta falta nos facía.

INICIO | DIRECTIVA | IMAXES | TEATRO | ACTIVIDADES | TABOLEIRO DE ANUNCIOS | O TEMPO EN NARÓN | CONTACTO
Esta páxina web recibíu unha axuda outorgada pola Secretaría Xeral de Política linguistica